Anuncios breves

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Novo capítulo do confinamento da negociación colectiva por parte do goberno español, desprezando aos sindicatos da Mesa Xeral das Administracións Públicas e impondo medidas sen previa negociación nin debate. O goberno opta por manter a taxa de reposición nas administracións, pese a que  o propio Secretario de Estado recoñeceu unha taxa media superior ao 24% no conxunto do Estado, acusando ás CC.AA. de ser as responsables de manter esas cifras tan elevada. A CIG tamén incidimos na perda de poder adqusitivo e na derrogación de normativa limitativa de dereitos.

Preme AQUÍ para información completa.