Anuncios breves

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

A CIG está a demandar medidas urxentes para incluír ao persoal de MUFACE que recibe atención sanitaria a través de entidades privadas nos protocolos da Consellería de Sanidade en materia COVID-19 ou que a Mutualidade estableza un plan propio para os seus mutualistas, incluíndo os servizos de cribado gratuítos que se están poñendo en marcha na Galiza.

O persoal funcionario adscrito a MUFACE está vendo como é continuamente excluído por parte da Consellería de Sanidade dos cribados para detectar a COVID. Na actualidade, tamén está excluído do plan de probas PCR a desenvolver nas farmacias da provincia de Pontevedra, a pesar de que grande parte do colectivo desenvolve funcións de atención directa á cidadanía.

Ante esta situación de desprotección por parte do colectivo de funcionarios e funcionarias mutualistas a CIG demanda actuacións inmediatas que permita dar atención ao persoal.

Consultado o asunto, derivan a competencia para a administración de vacinas fronte á COVID-19 ás comunidades autónomas, no noso caso a través do SERGAS. A MUFACE vén de poñer en marcha unha campaña de actualización de datos de contacto persoais para poder ser chamado á vacinarse. Podes consultar/modificar a túa información de contacto entrando en www.muface.es usando Clave, certificado dixital ou DNI-E. Se non dispós de identificación electrónica algunha, podes encher e asinar o impreso para esta cuestión que se pode descargar da web (Información Coronavirus Vacunación), ou o impreso AB1 e envialo ao seu servicio provincial de MUFACE a través de correo postal ou dalgunha oficina de rexistro.
Os datos de contacto serán cedidos ao SERGAS so para fins relacionados coa vixilancia epidemiolóxica.