Información e Difusión
O venres 4 de marzo de 2021 publicouse o listado do persoal funcionario que participa no concurso unitario convocado por Orde TFP/1114/2020, de 26 de novembro, para a provisión de postos de traballo con función administrativas e auxiliares adscritos aos Corpos e Escalas dos subgrupos C1 e C2.
O obxecto desta nota é dar a máxima difusión respecto desta publicación, xa que se concede un prazo de 5 días (ate o 12 de marzo de 2021 inclusive) para comunicar calquera posible erro. En concreto publícase o seguinte:
- Diante das consultas recibidas, procédese a publicar a relación das persoas que figuran como solicitantes da praza no concurso unitario.
- Esta relación non implica ter sido admitido nin excluído no concurso, unicamente que a súa solicitude se presentou correctamente.
- No suposto de que algunha persoa que teña presentado a solicitude de participación non figure no listado publicado, pode comunícalo no prazo de 5 días (ate o 12 de marzo de 2021 inclusive) no seguinte enderezo electrónico: fp.provisionpuestos@correo.gob.es
A relación de persoas está publicada na seguinte páxina WEB