Provisión de postos

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

A negociación da Oferta de Emprego Público para o ano 2020 pechouse sen acordo.  A proposta feita por parte de Función Pública, aínda que nos límites do permitido pola Lei de Orzamentos do 2018 (vixente na actualidade consecuencia das prórrogas para os anos 2019 e 2020), non acada un número suficiente de postos a convocar que permita atender as necesidades de persoal que demandan os distintos Organismos da Administración Xeral do Estado para atender a xestión das competencias que teñen encomendadas. Tendo en conta que a proposta da Administración non atende as demandas da CIG; non consideramos oportuna das a nosa aprobación a esta proposta. Como alternativa propuxemos completar esta oferta ordinaria, cunha oferta extraordinaria dirixida a atender as necesidades de persoal daqueles organismos que teñen competencia en xestión de prestacións e naqueles outros que fan atención directa ao público.

Nota Informativa OEP 2020

Distribución Prazas OEP 2020