Provisión de postos

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Por resolución de la Secretaria de Estado de Política Territorial y Función Pública de 26 de maio, no BOE do 28 de maio, convócanse procesos selectivos para o ingreso en distintos corpos e escalas da Administración Xeral do Estado.

O número total de prazas ofertadas ascende a 10.254, para ser cubertas polos distintos procedementos de ingreso establecidos en cada caso: 3.021 para Ingreso Libre, 5.085 para Promoción Interna e 1.428 para Procesos de Estabilización de Emprego Temporal.

Hai que subliñar o feito de que, do total de postos convocados (no suposto de que se cubran na súa totalidade), unicamente os 3.021 de sistema libre suporán incremento neto de persoal; o que non será suficiente para cubrir as necesidades reais da administración, nin repor os efectivos perdidos polas baixas producidas nos últimos anos.

O resto dos 7.233  postos convocados, serán cubertos por persoas que xa están a desempeñar traballo na propia administración. No caso das convocatorias de estabilización, por persoal interino; e no caso da promoción interna por persoal que, desempeñando postos en categorías inferiores, terá posibilidade de acceder a unha mellora na súa cualificación profesional. Ningún destes procesos suporá incremento de persoal; polo que as prazas convocadas nestes apartados non aportarán solución algunha para paliar os problemas de falla de persoal dos distintos Organismos e Departamentos da Administración Xeral do Estado.

Dende o Sector da Administración Xeral do Estado da CIG, seguiremos a demandar a eliminación da Taxa de Reposición de Efectivos establecidas na Lei de Orzamentos do Estado; por ser esta norma a que imposibilita a aprobación de Ofertas de Emprego Público que inclúan prazas en número suficiente para dar cobertura a totalidade de vacantes existentes nas Relacións de Postos de Traballo.

Ver Nota Informativa e Convocatoria.

Boe Corrección de erros ( modelo 6 certificado de requisitos e meritos das probas selectivas de estabilización para o emprego temporal )