O martes 11 de novembro quedou pechado o modelo de concurso unitario de funcionarios C1 e C2 da Administración Xeral do Estado.
Logo de que as bases da convocatoria quedaran concretadas no mes de maio, nesta xuntanza informaron dos postos a convocar así como dos perfís que serán tidos en conta na valoración dos méritos específicos:
O total de postos a convocar serán (aproximadamente) 870; dos que 370 están ocupados de xeito provisional (comisións de servizos ou adscricións provisionais) e 500 son vacantes puras, das que 250 corresponden a postos de niveis 17 e 18. A distribución por ministerios e provincias quedaron en facilitala ao longo desta semana aínda que non serán definitivos xa que, ate o momento da remisión da convocatoria ao BOE, podería haber algunha pequena modificación.
Os postos encadraranse en catro tipos, con perfís propios a valorar no apartado de méritos específicos: Posto Xenérico, Posto de atención ao público, Posto de prestacións I (con atención ao público) e Posto de prestacións II (sen atención ao público). A información concreta sobre os méritos específicos a valorar podedes consultala neste anexo.
A previsión que fai a Administración sobre a posible data de publicación da convocatoria no BOE, depende de que estea operativa a aplicación para tramitar, de xeito telemático, as solicitudes; de ir todo ben dixeron que a semana do 23 de novembro se enviaría ao BOE a proposta e que tentarían publicalo antes de que remate este mes.
Borrador Bases Concurso Unitario 2020....Documento
Anexo Postos Ocupados Provisionais……….Documento
Anexo Postos Vacantes...………………………...Documento