Logo de terse modificado o TREBEP para regular o teletraballo (ver Acordo da MGNAAPP), con carácter básico, para o conxunto das Administracións Públicas (novo Artigo 47 bis); na reunión do mércores 18 de novembro comezamos a negociar a regulación do mesmo para a Administración Xeral do Estado.
Nesta primeira xuntanza, partindo do que xa está regulado no TREBEP, intercambiamos propostas ( ver Documento enviado ) sobre os asuntos que deberían ser obxecto de negociación; resultando que os plantexamentos xenéricos que facemos dende a CIG son coincidentes cos que propoñen outras organizacións sindicais e a propia Administración:
Todas as cuestions das que tratamos nesta reunión, tanto aquelas nas que hai xa un certo consenso previo como aquelas outras nas que non, haberán de ser desenvolvidas na negociación que a partires de agora imos ter coa representación de Función Pública da AGE. Para isto comprometeron que, en breve, enviarían unha proposta de documento para comezar a devandita negociación. Nota Informativa Completa