A lei 11/2020, de 30 de decembro, pola que se publican os Orzamentos do Estado para o ano 2021, inclúe as seguintes novidades en materia de Función Pública:
Establece un incremento retributivo máximo do 0,9%; a efectos de Oferta de Emprego Público, contempla unha taxa de reposición de efectivos do 110% para colectivos e sectores prioritarios e do 100% para os non prioritarios; modifica algúns aspectos dos artigos 48, 49 e 50 do TREBEP relativos a Permisos e Vacacións e modifica o artigo 2 da Lei 70/2018 de recoñecemento de servizos previos nas Administracións Públicas.