Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Achegase Resolución da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública, pola que se aproban instruccións sobre os criterios aplicables en materia de reorganización e provisión de postos de traballo para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O Plan foi aprobado por Real Decreto Lei 36/2020, de 30 de decembro; e ratificado recentemente polo parlamento.

Ten como finalidade o establecemento das medidas e disposicións xerais precisas para facilitar a programacion, xestión e execución das actuacións financiadas con fondos europeos; en especial os provintes do Instrumento Europeo de Recuperación.

A tal fin, cada Ministerio afectado, deberá aprobar o seu propio istrumento extratéxico (nun prazo de dous meses dende a publicación do RDL) no que, entre outras cuestións e de ser necesario, deberá establecerse unha proposta detallada de reorganización de recursos humanos, de incremento de persoal ou da necesidade de creación de unidades administrativas específicas de carácter provisorio.

Estes instrumentos deberán ser elaborados e negociados no ámbito de cada Ministerio. De ser necesaria a aplicación dalgunha das medidas previstas na sección segunda do Capítulo III do Real Decreto Lei 36/2020 (artigos 27 a 34); atendendo ao previsto no Artículo 37, letras c) e m) do TGREBEP, deberían ser obxecto de negociación no ámbito da Mesa Delegada Correspondente antes de ser aprobados e enviados a Función Pública.

Tal e como se contempla no Artigo 3.2 l) do RDL, e recollido no preámbulo da Resolución de Función Pública, as medidas previstas realizaranse salvagardando os principios de igualdade,, mérito e capacidade na provisión de postos de traballo, así como a transparencia na adopción de decisións que afecten ao persoal dos diferentes departamentos ministeriais.

 Habera que ter  en conta que a xestión dos fondos europeos non afecta de igual xeito ao conxunto dos Ministerios ( Ministerios de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e de Asuntos Económicos e Transformación Dixital xestionaran o 95% dos fondos europeos); as necesidades de adoptar medidas extraordinarias dependerá do incremento de xestión que conleve en cada ámbito; mesmo haberá algúns que non precisen de facer adaptación ou proposta algunha ao respecto das actuais unidades de xestión.