Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Contabamos hai uns días que MUFACE seguía sen dar resposta ás demandas feitas pola CIG para que se inclúa o persoal mutualista canto antes dentro do plan de vacinación para colectivos vulnerables así como para poder participar nos cribados gratuítos. Na súa páxina xa actualizou información na que indican que mutualistas e beneficiarios serán vacinados como toda a cidadanía comezando co colectivo de maiores de 80 anos e outros grupos de risco como o persoal de institucións penitenciarias.

Ao respecto da coordenación co SERGAS para que mutualistas e beneficiarios atendidos por entidades concertadas privadas sexan incluídas no plan de realización de probas PCR gratuítas e voluntarias a través dos colexios farmacéuticos seguimos sen novidades.