A CIG esíxelle á Xunta que reclame a transferencia da xestión do colexio Salvador Moreno de Pontevedra, na actualidade baixo control da Armada española, ao tempo que solicita que se cambie o nome do centro por ser franquista e se coloque a bandeira galega no edificio, ao tratarse dun edificio público civil.
Para logralo, a central sindical remitiulles escritos á Subdelegación do Goberno, ao Concello de Pontevedra e ao Valedor do Pobo para que insten os Gobernos español e galego a corrixir esta situación. Accede á nota completa.