Reunido o Grupo de traballo de Produtividade para tratar de chegar a un novo acordo de criterios de reparto, e deixar atrás o modelo actual de criterios subxectivos e inxustos, a CIG presentou as propostas de mínimos; medidas encamiñadas a facer que o reparto de produtividades non quede a criterio persoal dos responsables dos departamentos: a quen se lle asigna, e canto se lle asigna. A CIG defende que todas e todos teñan acceso a cobrar o complemento de produtividade. Nota informativa.