Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Tras unha reunión coa Subdirección Xeral de Recursos, a Subdirectora infórmanos do seguinte no que atinxe a situación do persoal interino:

Para os interinos que ocupan postos a estabilizar vaise facer un novo programa vinculado ao proceso de estabilización. Dito programa finalizará cando esté rematado o proceso de estabilización no SEPE.

Con respecto ós interinos do programa COVID, de momento non teñen información. Confían en que se lles prorrogue o contrato pero non o saben.

A CIG manifestou a súa queixa pola neglixente xestión dos recursos humanos no SEPE. As datas de finalización dos programas son coñecidas dende o primeiro día e non é normal que coa situación de carga de traballo e falta de efectivos que sufrimos, aínda non esté solucionada a continuidade deste persoal. Esta situación está creando inestabilidade laboral no persoal e vai crear problemas de xestión nas unidades nun período especialmente duro como son as vacacións, onde os cadros de persoal vense mermamos. Nota.