ACORDO HISTÓRICO, por primeira vez alcanzase un acordo de mellora da RPT, tras unha verdadeira negociación co actual equipo directivo do organismo. A vontade de chegar a acordo foi evidente, por ámbalas duas partes, desde o primeiro momento. Este acordo suporá, de feito, a creación e posta en marcha dunha inspección de traballo para o seculo XXI, capaz de facer fronte as novas necesidades e competencias para desenvolver o seu papel na defensa das condicións de traballo da clase obreira. A máxima representación do ministerio, Director Xeral do Organismo, Secretario de Estado e coa Ministra ao fronte, está a traballar para que a necesidade desta Inspección de futuro sexa recoñecida por facenda e por custes, e o acordou sexa incluído nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022.
Ver Nota Informativa