Desde que chegaramos a un acordo para a implantación do teletraballo no ámbito da AXE, desde
a CIG vimos reclamando no INE a negociación dun documento para a súa regulación no noso
organismo. No mes de xuño comezamos esta negociación cun texto aprobado polo Consello de
Dirección ó que desde o noso sindicato presentamos diversas alegacións. Logo de varias reunións
e intercambio de impresións, o 21 de xullo chegamos a un acordo. Queda pendente a concreción
normativa por parte de Función Pública para toda a AXE que aínda podería mellorar este acordo
nalgúns aspectos.
Ver Nota Informativa