A Secretaria de Estado de Función Pública aprobou unha Resolución para REINCORPORACIÓN PROGRESIVA TRAS A VACINACIÓN DA COVID-19( VER RESOLUCIÓN), sen o acordo coa CIG.
Durante varios días a representación do persoal mantivemos xuntanzas con Función Pública respecto do establecemento dos criterios xerais do contido da Resolución que regulará, no ámbito da Administración Xeral do Estado, a reincorporación progresiva aos postos de traballo logo do programa de vacinación da COVID-19.
A pesares de que poidamos compartir o obxectivo pretendido respecto de establecer medidas homoxeneizadoras da volta a presencia física nos centros de traballo de todo o persoal da Administración Xeral do Estado, tal e como ven a establecer o disposto no Artigo 7.1 e) da Lei 2/2021, hai elementos da proposta de criterios xerais cos que temos manifestado discrepancias respecto do xeito de abordalos. VER NOTA