Acaban de comunicar á CIG que a oficina de MUFACE de Compostela vai seguir aberta ao público rectificando así a decisión de peche que motivou mobilizacións da nosa central sindical. A Área Pública da CIG congratúlase da decisión adoptada pola Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís e da importancia das mobilizacións e decide desconvocar a concentración que tiña lugar hoxe ás once horas diante de oficina situada no baixo do número 23 da Avenida Rosalía de Castro de Compostela.
A directora xeral de MUFACE informou da rectificación e solicitou a cancelación da mobilización, adiantando que se confirmará oficialmente o non peche da oficina na reunión de mañá do Consello Xeral de MUFACE. Toda a nova.