Este 8 de Marzo a CIG convoca máis de 20 mobilizacións por todo o país pola mañá e chama a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista pola tarde.
No Día Internacional da Muller Traballadora a CIG sinala a responsabilidade directa dos gobernos no mantemento das desigualdades e a precariedade.
As mulleres continuamos a ter condicións de traballo máis precarias, soportando taxas de temporalidade máis elevadas (do 26,8% fronte ao 22,2% dos homes), máis contratos a tempo parcial (23,4% fronte o 6%) e maior desemprego.