Malas novas para o persoal laboral do INE, a nosa situación non para de empeorar, e a inacción do noso organismo non axuda a mellorar as diversas situacións de discriminación con respecto ó resto do persoal laboral da AXE. Nesta última reunión non fixemos máis que constatar a falta de iniciativa do INE para contratar o persoal laboral preciso para cubrir as urxentísimas necesidades de recursos humanos precisas para realizar os traballos que temos encomendados, para exercer o noso dereito á xubilación parcial ou para mellorar as nosas retribucións. Isto choca directamente cos esforzos doutros organismos e Ministerios que reclaman, e acadan mellores condicións para as súas traballadoras e traballadores.
Ver Nota Informativa Completa