Xosé Manuel Gil Ramos, foi elixido novo secretario do sector da Administración estatal na asemblea celebrada o sábado día 7 de maio, e na que tamén se renovaron os cargos da executiva e dirección nacional.
Na súa intervención o novo secretario se sector, tras agradecer o traballo ao secretario saínte, fixo un chamamento a facer unha práctica sindical afastada do corporativismo, reafirmando o seu compromiso cun sindicalismo de clase, nacionalista e combativo.