Á Administración éntranlle as presas para chegar coa parte social a un acordo dunhas bases comúns para a mobilidade na Administración Xeral do Estado. Bases comúns que cremos necesarias para homoxeneizar as condicións para unha mobilidade transversal entre distintos departamentos ministeriais, nos que penalice o mínimo posible dentro de Corpos Xerais o facelo desde organismos distintos ao convocante. Insistimos na necesidade de recoller no acordo a obrigatoriedade de incluír as prazas en comisión de servizos e adscricións provisionais existentes na data de convocatoria dos concursos e valorar no apartado de "traballo desenvolvido" o tempo traballado indistintamente do corpo desde o que se concurse.
Ver Nota Informativa