Tras coñecer os índices de gas radón na DP de Pontevedra, que están por riba dos límites establecidos na Directiva Europea de referencia, e ante a pasividade da máxima responsable dese organismo na provincia, a CIG esixiu que se poñan en marcha as medidas que sexan precisas para diminuír eses niveis de radón. Ao mesmo tempo, instamos a que na rede local do SEPE se realicen as medicións que se requiriron desde o Comité de Seguridade e Saúde provincial da AXE. Accede á nota completa.