Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Ao examinar a Memoria de vixiancia sanitaria de 2021 que nos acaban de facilitar, á CIG chamáronlle a atención os seguintes puntos:

● Só o 36,04% do persoal foi sometido a recoñecementos de saúde. Esta moi baixa participación merece ser analizada para determinar se as causas son imputables a como se realiza o exame de saúde ou a outros factores.

● Hai unha notable diferenza entre a distribución segundo o xénero participando moito máis as mulleres (aínda tendo en conta que son maioritarias no cadro de persoal). Quizais sexa necesario realizar unha campaña que incida en que a saúde é un asunto de ambos sexos.

● En canto aos achados do recoñecemento médico, resulta curiosa a case inexistencia de achados cervicais, lumbares, dorsais ou de membros superiores ou de insuficiencia venosa (varices). Os trastornos musculoesqueléticos e de varices son as enfermidades laborais máis frecuentes no persoal que traballa en oficinas e con Pantallas de visualización de datos. Esta realidade non se reflicte no informe presentado.

● Preocúpanos a alta prevalencia de achados relacionados coa disminución da agudeza visual, a audiometría e o consumo de alcohol.

Na nosa opinión, a escasa participación do persoal nos recoñecementos médicos e a falta de achados na exploración médica débense á baixa calidade do exame. Segundo nos contan as compañeiras e compañeiros, parece que no recoñecemento médico non se presta a atención necesaria aos problemas musculoesqueléticos derivados do traballo nin aos problemas de insuficiencia venosa. Mesmo cando se lle manifesta que tes dor muscular ou unha posible contractura, nalgúns casos non aparece reflectido no informe médico.

Por todo o anterior, a CIG solicitou ó SEPE:

Que se realice un cuestionario a todo o persoal da organización para detectar os motivos polos que non participa nel ou, se participa, cal é o seu grao de satisfacción respecto da detección de problemas de saúde derivados da súa actividade laboral.

Que realice unha actividade preventiva específica para incidir naqueles achados que a Memoria 2021 indica que teñen unha prevalencia media ou alta.