O Pacto de Rendas asinado polo Goberno do Estado cos sindicatos CCOO e UGT foi vendido publicamente como un acordo para recuperar o poder adquisitivo, como unha vía para incrementar postos de traballo no sector público, estabelecer a xornada de traballo semanal de 35 horas e recuperar o 100% das nosas retribucións en casos de baixa médica. Mais, logo de analizado, o texto do acordo dista moito de responder a esas cuestións.
Ver Nota Informativa completa.