A principios da semana pasada C.I.G. . Admon Estado presentaba sendos escritos a Secretaria de Estado de Función Pública e a Dirección Xeral de Función Pública solicitando explicacións e pedindo responsabilidades polo incumplimento dun punto do acordo de OEP 2022, onde se recollía o compromiso de publicar todos os procesos selectivos no mesmo exercicio da publicación da oferta de emprego ( neste caso 2022).
Paradóxicamente todo este retraso acontece a poucas semanas de ter asinado (3/11/2022) a admon un “acordo sobre os criterios que deben rexir a selección do persoal a través dos procesos de promoción interna” cos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, nese acordo recollíase a intención de actualizar e simplificar estes procesos. Acordo que a CIG non asinou porque entendíamos que non había un compromiso real de solucionar nin os problemas xurdidos nas convocatorias pendentes nin un calendario para implementar estas novas medidas, polo que este acordo pouco ou nada se ía plasmar nos próximos procesos selectivos.
Desgraciadamente os feitos veñen a darnos a razón. O día 27 de xaneiro publicouse a convocatoria dos procesos selectivos para o acceso aos Corpos Xerais da Administración do Estado mediante quenda libre, promoción internamente e para a estabilización do emprego temporal, Ver BOE
O acordo asinado para a mellora dos procesos selectivos polos sindicatos (UGT, CSIF e CCOO) non deixa de ser un “brindis o sol”. Cambiar para que todo siga igual.
Ver Nota Informativa completa