A CIG vén de asinar o Plan de Intensificación de Actuacións para o 2020. O acordo é básicamente igual que o do ano pasado, incluso con algunas melloras. A decisión de asinar este Acordo foi, para nós, das decisións máis difíciles e duras de tomar nos últimos anos. Non polo acordo en sí, que xa non entramos a valorar, senón polas circunstancias que estamos a vivir nestes momentos co tema do coronavirus. Parécenos dunha absoluta irresponsabilidade, por parte da Administración, prantexar este tema neste preciso momento cando houbo tempo de facelo antes de que estallara todo o asunto da pandemia coas súas consecuencias. Desde a CIG entendemos que non era o momento de abrir debates sobre produtividades que están fóra de sitio mentras miles de compañeiros e compañeiras nosas da Administración Pública e de sectores da actividade privada están ao pé do cañón con escasez de medios de protección e arriscando a súa vida e a das súas familias. A Dirección da Axencia debía estar á altura e pedir que eses cartos fosen destinados á Sanidade ou aos sectores realmente necesitados. Tamén nos parece tristísimo que este debate non se abrise por parte de ningunha organización sindical, como se estiveran nun mundo alleo á realidade que nos rodea. Pero unha vez posta enriba da mesa a proposta da AEAT non nos quedaba outra opción que decidir se asinábamos ou non. Os argumentos que tivemos dentro da nosa organización tanto a favor como en contra eran de peso e despois dun debate serio e profundo decidimos asinar o acordo, tendo en conta que de eses 95 millóns moitos non se van gastar, porque non se van poder cumprir os obxectivos, e revertirán nas arcas públicas. Pensamos tamén no persoal da AEAT: estivemos anos e anos co salario conxelado, sen reclasificacións, perdendo poder adquisitivo (pois aínda non recuperamos a totalidade da paga extra) e tendo en conta que probablemente cando remate a crise sanitaria e empece a económica os traballadores e traballadoras da Administración Pública volveremos a ver rebaixados os nosos salarios. Esa é a realidade que nos espera, non o esquezamos.
Acordo PIA 2020 AEAT
- Detalles