Axencia tributaria-AEAT

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Rematada a reunión de seguimento da Campaña da Renda     21/04/2020
Este ano, debido as circunstancias de todos sabidas, hai que adaptar a Campaña da Renda.
A Administración propón para a campaña as datas que van do 7 de maio ao 30 de xuño.
A Campaña será de forma telemática desde a casa de cada un dos traballadores que VOLUNTARIAMENTE decidan participar. Chámase a participar a todos, pero non se obliga a nadie.
Haberá un seguimento continuo da situación e se as circunstancias o permiten, e nunca antes do 8 de xuño, poderíase valorar a posibilidade de ter atención presencial nos centros de traballo. Por suposto a esta atención presencial só se incorporarían os que VOLUNTARIAMENTE así o decidan.

Poderase seguir participando como operador, coordenador e apoio. Tamén se reforzará o apoio informático sobre todo nos 10 primeiros días da campaña.
A tipoloxía de rendas será moi básica: o básico e un arrendamento e unha actividade en Módulos.
Para empezar o número de citas horas será de dúas. Logo, unha vez collida soltura co programa valorarase aumentar o ratio.
Os traballadores non terán que empregar o seu teléfono, pero sí o seu ADSL e máis o seu ordenador. Sobre a posibilidade de que a AEAT preste material non o ven posible máis aló do que xa teñen prestado. Tampouco contemplan a opción dunha compensación económica polo uso dos medios propios.
Seguirase a contar cos traballadores das plataformas das CCAA.
O número de coordinadores por equipo queren valóralo xa que din que as rendas serán moi senciallas e ademáis o número por hora vai ser baixo, pero irase valorando sobre a marcha.
Tamén ofrecen, se as circunstancias o permiten, abrir algún local ou oficina para que se hai xente suficiente que VOLUNTARIAMENTE queira participar na campaña e non teña medios na casa poida acudir alí a traballar con todas medidas de seguridade precisas.
Por parte da CIG solicitamos:
A saúde dos traballadores e dos contribuintes é o máis importante polo que non se debería ir a unha campaña presencial ata que a seguridade non sexa completa.
Voluntariedade na participación, sen excusas, xa que agora non hai o problema das administracións pequenas que non teñen xente. As plataformas telefónicas poden atender desde calquera punto.
O apoio informático é fundamental.
Hai que proporcionar medios (ordenador, etc.) a quen non teña e queira participar.
A formación para o uso da plataforma telemática é importante.