Durante os días 20 e 21 de xaneiro reuníuse a Comisión de Valoración do Panel de Axentes de Vixilancia Aduaneira 2020P05, quedando suspendido o proceso de adxudicación até que se revise a puntuación correspondente á valoración da conciliación e se volva a convocar a devandita Comisión, previsíbelmente dentro de dúas semanas. En todo caso e tendo en conta o seu carácter provisional, hai que sinalar que despois do proceso negociador coas organizacións sindicais, a dotación inicialmente prevista pola Administración para Galicia increméntase de 21 a 25 prazas asignadas provisionalmente na especialidade de Investigación e de 16 a 27 na especialidade de Marítimo.
Como ven sendo habitual aproveitamos para solicitar información sobre a situación dos paneis en curso e interesarnos sobre as previsións dos que fican pendentes. Neste sentido, a Administración informou do seguinte:
a) Panel de Axentes de Facenda Pública 2020P02. A súa mobilidade está prevista para o mes de abril, pero dependendo, en todo caso, de cando remate o proceso selectivo da nova promoción. Con anterioridade informarasenos de que a previsión era de finais de febreiro.
b) Panel de Axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira 2020P05. A súa mobilidade está prevista para o mes de marzo ou de abril do 2021.
c) Panel do Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira. Prevista a súa convocatoria en febreiro do 2021.
d) Panel do Corpo Superior de Vixilancia Aduaneira. Prevista a súa convocatoria en febreiro do 2021.
e) Panel do Corpo Técnico de Facenda. Prevista a súa convocatoria en maio do 2021.
Panel de Axentes do SVA
- Detalles