A CIG quere agradecer a participación do persoal funcionario da AEAT nas eleccións sindicais celebradas onte e o apoio recibido, que nos levou a obter 8 delegad@s nas xuntas de persoal das catro provincias galegas e nos consolida como o segundo sindicato do país en número de votos e representación
O resultado ven confirmar o papel referencial da CIG para o funcionariado da Axencia Tributaria, avalando o noso proxecto sindical nacionalista e de clase
Por provincias, a CIG obtén representación en todas as xuntas de persoal e gaña na provincia da Coruña, onde obtén 5 delegad@s