Reúnese o Grupo de Traballo para darnos información sobre a fase na que se encontra a tramitación do primeiro concurso de traslados do IV CUAGE.
Informa a Administración que esta semana se enviará ao BOE para a súa publicación a Resolución que firmará a Directora Xeral de Función Pública coa intención de que a data 1 de xullo sexa a do inicio da presentación das solicitudes; tamén se publicará no BOE a Adenda para o procedemento nesta primeira fase. A partir da publicación da Resolución no BOE, todo o que se publique sobre o Concurso será a través da WEB do Ministerio polo cal será o único medio para coñecer o estado do proceso. Ver nota Informativa.