Na reunión da Comisión Paritaria do IV CUAGE a CIG insistimos en que se entregue a documentación que recolle a aplicación do novo sistema de retribucións complementarias acordado na reunión extraordinaria do 19 de maio.
Logo da insistencia da CIG na Comisión Paritaria e nas Subcomisións onde existe persoal ao que non se está facilitando o acceso á xubilación parcial, no Grupo de traballo de Xubilación parcial tratouse sobre a procura dunha solución para esta problemática que impide o exercicio de este dereito ao persoal encadrado no Anexo II.
Máis información sobre a COPA e os Grupos de traballo de Réxime xurídico e de Xubilación parcial, na nota informativa.