Á data da reunión da Comisión Paritaria deste mes constatamos que seguen sen estar incluídos os novos complementos nas nóminas das traballadoras e traballadores que están afectados polo novo sistema complementario; a CIG advirte que non hai constancia documental nas RPT vixentes dos postos ós que lles corresponde a percepción dos novos complementos. Tamén destacamos que a Administración volveu adiar a solución ó problema das titulacións do grupo E1, comprometéndose a crear un grupo de traballo específico no mes de setembro.