Outros ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

O 16 de marzo reuniuse a comisión de formación para o emprego da Administración Xeral do Estado na que quedaron aprobados a distribución dos fondos par a formación dos distintos promotores segundo a proposta que se axunta :

Proposta reparto fondos AGE 2022

Tamén informouse da publicación dos Itinerarios Formativos de Capacitación Competencial Profesional do grupo de apoyo administrativo (IFCA), segundo a información que se achega e tamén podedes consultar na seguinte enlace:

Itinerarios Formativos para a Capacitación Competencial Profesional do Persoal de Apoio Administrativo

Itinerarios Formativos para a Capacitación competencial profesional do persoal de apoio administrativo (IFCA)


Que son os itinerarios formativos?
Un itinerario formativo consiste nun conxunto programado e ordenado de actividades formativas que desenvolven a competencia ou competencias profesionais necesarias para o desempeño adecuado dun determinado posto de traballo na Administración Pública.


Para que serve un itinerario formativo?
Un itinerario formativo permite establecer un programa formativo específico, ligado a un perfil competencial, onde se traballan de xeito transversal y continuada aquelas competencias requiridas para o desempeño dun posto de traballo concreto.

Os obxectivos que se plantexan  conseguir son los seguintes:
• Profesionalizar a provisión dos postos de traballo nas Administracións Públicas
• Fundamentar a selección sobre a base dos requirimentos reais dos postos de traballo.
• Desenvolver a carreira administrativa e o deseño dos procesos de aprendizaxe sobre a base das competencias
• Avanzar na certificación de competencias.
• Posibilitar a mobilidade entre Administracións Públicas sobre unha base obxectiva.