Mantense o conflito na Inspección de Traballo e Seguridade Social. O Goberno non demostra vontade política para superalo e mantense nas claves de incumprimento do acordo alcanzado en xullo de 2021, desprezando calquera posibilidade de consenso ou de aplicar solucións razoables ás graves deficiencias que se sofren no organismo.
A convocatoria de folga para o día 22 de febreiro mantense e novamente a Inspección de Traballo e Seguridade Social verase chamada a un paro absoluto que deixará os centros de traballo baleiros e a actividade reducida practicamente a cero."
ver Nota Informativa