Logo da reunión mantida en días pasados en Muface sobre o Plan de Acción Social para o ano 2023, infórmase dos cambios previstos en dito plan, que recollen a demanda desde fai anos de CIG sobre a necesidade de ter en conta os ingresos da Unidade Familiar para as solicitudes de axuda das beneficiarias e beneficiarios do persoal que traballa en Muface.
Tamén se volve incluir a axuda de transporte, algo que se demandara por parte da CIG dado que é unha axuda que todas e todos poden solicitar por ser habitual o uso de transporte para acudir ó traballo, ademais de ser unha axuda para titulares. Está prevista a súa convocatoria para finais deste mes de marzo. Ver a Nota Informativa.