O SEPE vai convocar un concurso de traslados con postos de niveis 26-28. Nese concurso só se ofertarán aqueles que son considerados polo Organismo “postos de estrutura”. Tras comprobar que no borrador non se ofertan todos os postos vacantes, a CIG pediu que se convoquen todos as postos vacantes, independentemente de que estean ocupados ou non en comisión de servizos (teña esta a duración que teña) ou adscrición provisional.
O SEPE, contesta que este Organismo adoptou con carácter xeral para todas as convocatorias de concursos non incluír aqueles postos que se atopen ocupados mediante comisión de servizos por un período inferior a dous anos.
A CIG considera que non se está cumprindo coa legalidade.
Ver NOTA INFORMATIVA completa