O 12 de maio tivo lugar a primeira reunión do grupo de traballo de igualdade das Entidades Xestoras da Seguridade Social logo da aprobación do III Plano de Igualdade da Administración Xeral do Estado. Non houbo posibilidades de chegar a conclusión nin tomar iniciativa algunha xa que, dende o Ministerio, non se achegou con tempo a información concreta ao respecto da situación concreta das mulleres neste ámbito.