Despois de máis dun mes de intensas negociacións e intercambios de diferentes versións do acordo, na tarde do día 16 de maio na sede do Ministerio tivo lugar unha xuntanza extraordinaria da Mesa Delegada da Seguridade Social para asinar entre a Admón. e os sindicatos o Acordo do Plan Estratéxico de Recursos Humanos na Administración da Seguridade Social que achegamos a este correo.
A CIG dende o inicio rexeitou un acordo que non incluíra establecer unhas medidas mínimas (como o traballo non presencial, onde a Admón. non quería falar del, e quería deixalo fóra do acordo e non implantalo), e uns compromisos concretos con datas para decidir sobre os diferentes problemas que arrastra a Seguridade Social dende hai anos que ven sufrindo todo o persoal día a día.
É un plan que busca implantar medidas que sirvan para mellorar as condicións laborais do persoal, dotar á Seguridade Social de recursos dabondo para cumprir co seu fin de atención á cidadanía e a unificación e homoxeneización da estrutura con vistas á creación da Axencia da Administración da Seguridade Social.
Ver Nota Informativa completa