Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Logo de que rematase a situación do Estado de Alarma decretado pola Pandemia do COVID-19, facíase necesario atender algunhas cuestións relativas as condicións de traballo do persoal para a volta a nova normalidade; para elo acordouse co Ministerio de Política Territorial e Función Pública una Resolución para dar cobertura a esta nova situación. A Resolución irá acompañada da actualización da Instrución que regula as medidas preventivas segundo as normas ditadas polas autoridades sanitarias.
Aínda que non contempla a totalidade das aspiracións pretendidas pola CIG, a Resolución dará solución a unha gran parte das demandas do persoal, en especial a aquelas relacionadas coas necesidades de conciliación; para a que se mantén de momento, de xeito xeral, a posibilidade de prestación de servizos de xeito non presencial.

A resolución afectará a todo o persoal da Administración Xeral do Estado; aínda que non será de aplicación directa, por ter que adecuarse a cada departamento ou organismo concreto, previa negociación coa representación do persoal no seu respectivo ámbito.
Terá vixencia ate o momento no que, por parte das autoridades sanitarias, se acorde a desaparición da pandemia; ou, na comisión de seguimento, se acorde a súa revisión. Desde a CIG reclamaremos que esta sexa revisada cada tres meses.
O xeito “ordinario” de prestación de servizo será a modalidade presencial, permitindo que unha parte desta, ate un máximo do 20% da xornada semanal, poida desenvolverse de xeito non presencial. Nesta modalidade poderán facerse adecuacións de quendas de traballo ou flexibilización de xornada para aquel persoal que teña ao seu cargo menores de 14 anos ou maiores dependentes.

Regula a prestación de servizo de xeito non presencial; dirixida a todo o persoal que, tendo funcións compatibles con esta modalidade, voluntariamente o solicite; dando prioridade aqueles que sexan declarados como colectivos vulnerables ou acrediten necesidades de conciliación por ter ao ser cargo menores de 14 anos ou maiores dependentes.
Haberá condicións distintas en función dos casos. No suposto de persoas vulnerables ou con necesidades de conciliación prestarán servizo de xeito presencial so “ate un 20% da xornada en computo semanal”; para o resto do persoal a condición será que “como mínimo un 20% da xornada semanal” deberá ser de xeito presencial.
Contemplase a posibilidade de non incorporación ao seu posto de traballo daquelas persoas que estean en illamento por ter contacto con persoas contaxiadas ou presenten sintomatoloxía compatible co COVID-19.
Na atención ao público, darase prioridade a atención telefónica e telemática, e manterase a obriga de atención con cita previa. A mais deberán terse en conta as medidas para evitar os riscos para a saúde establecidas nas normas sanitarias recollidas na instrución de medidas preventivas.
Tamén contempla outras medidas relacionadas coa formación, na que se establece a prioridade da impartición por medios telemáticos; a tramitación ordinaria dos procesos selectivos, nos que tamén se fomentará o uso de medios telemáticos para a lectura de exercicios; ou a suxeición das condicións de traballo ás necesidades do servicio establecidas con carácter ordinario na normativa xa existente.
A mais de poder tratar, na comisión de seguimento establecida ao respecto, as cuestións que atinxan a aplicación desta Resolución; dende a CIG non renunciamos a defender todas aquelas situacións que, tendo que ver coas necesidades de conciliación, non se contemplan expresamente nesta norma; así como demandar a revisión da mesma nun período temporal non superior aos tres meses.
17 xuño 2020