Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

No ámbito do grupo de traballo da Comisión Técnica de Igualdade, dependente da Mesa Xeral de Negociación da Administración Xeral do Estado, dende o pasado mes de febreiro, estanse a manter xuntanzas entre a representación da Administración e as Organizacións Sindicais, para negociar o Protocolo de Actuación Fronte o Acoso Sexual e por Razón de Sexo no ámbito da Administración Xeral do Estado e os Organismos Públicos vinculados ou dependentes dela.
Esta iniciativa ven a desenvolver o previsto na Medida 9 do Eixo 1 do III Plano de Igualdade na Administración Xeral do Estado, aprobado polo Consello de Ministros do 9 de decembro do 2020.