O 30 de marzo haberá folga se o Goberno español continúa sen pór en marcha as medidas acordadas.
Traballadores e traballadoras da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) concentráronse este martes diante de todos os edificios deste organismo para demandar un reforzo de persoal, medios adecuados, recursos técnicos e un recoñecemento "máis alá dos discursos baleiros".
Con estas mobilizacións, que preceden á xornada de folga convocada para o próximo 30 de marzo, o persoal quere protestar polos incumprimentos do Ministerio de Traballo e Economía Social e do Goberno español que non reforzaron aínda o sistema, malia o acordo asinado o pasado mes de xullo coas organizacións sindicais. Nova completa. As organizacións convocantes emitiron a continuación das concentracións o seguinte comunicado.