Delegadas e delegados da CIG-Administración concentráronse diante da Delegación do Goberno na Coruña pola recuperación real e efectiva do poder adquisitivo e os dereitos do persoal empregado público. A protesta enmárcase na campaña que a federación está a desenvolver ao longo de todo este ano e que ten como obxectivo que nos orzamentos da Xunta e do Estado para 2023 se contemplen toda unha serie de medidas para facer fronte á carestía da vida.
Ver nova completa