Primeira reunión de este Grupo para negociar os criterios que deben rexer os procesos de estabilización no ámbito do Persoal Laboral do IV CUAGE, logo da publicación da Lei 20/2021.
Ante a pregunta da CIG de si se iba a negociar un novo Acordo ou o que se pretendía era modificar o de novembro do 2020, contestan que ao que facemos referencia xa carece de validez unha vez públicada la Lei 20/2022, polo que compre un novo Acordo.
Presentan o Borrador de Acordo na mesma reunión, este non recolle ningunha das propostas acordadas no Subsector as cales foron presentadas ante Relacións Laboráis de Función Pública.
Ainda que estaba previsto seguir coa negociación o mércores día 27, os representantes do Subsector neste Grupo de Traballo , manifestamos que como non se recollían ningunha das propostas da CIG non iba a ser posible que o noso sindicato puidese suscribir este Acordo, ademais de non variar nada da proposta de Acordo de Criterios Xerais que a CIG non suscribiu, e que por non contar co apoio de ningún sindicato non se dispón de un documento de criterios xerais que regulen os procesos selectivos para as prazas incluídas na estabilización.
Os sindicatos presentes na negociación tamén manifestaron o seu desacordo a este Borrador facendo propostas de forma e fondo, na linea do que manifestou a CIG, ao que a Administración contesta que non esta na súa intención negociar este tipo de propostas, pero que as remitirá a Directora Xeral de Función Pública por si estima oportuno un cambio de criterio.
Remata a reunión a espera da contestación por parte da Administración ante as propostas de todos os sindicatos e a manifestación de que ningún deles asinaríamos un Acordo así, esta tarde do martes día 26, recibimos un correo onde se nos informa da cancelación da reunión prevista para maña mércores día 27.
Ante esta situación , entendemos que a CIG non asinaría o Acordo que se nos presenta, pero que debera de ser o Subsector o que decida que posicionamento tomar, o que se debería de trasladar a Función Pública.
Achégase o Borrador do Acordo que se nos entregou na mesma reunión.