A Comisión Permanente de Selección vén de publicar estes días a Resolución pola que aproban a relación de opositores que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o acceso ao Corpo de Xestión da AXE por promoción interna.
E con elo cúmprense as nosas peores previsións: o 46% das prazas ofertadas na OEP do 2019 ficarán sen cubrir; en estabilización máis do 30%.Xa en xaneiro no proceso para o Corpo Administrativo máis do 40% das prazas quedaron tamén sen ocupar.
No seu día a CIG presentou queixa ante Función Pública pola mudanza na tipoloxía de exames nas quendas de promoción interna sen previo aviso e pola falta de cobertura da totalidade de prazas ofertadas. Ver NOTA INFORMATIVA Completa
Promoción interna ao Corpo de Xestión Máis propaganda que realidade II: a confirmación
- Detalles