Subsectores e ministerios

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

Desde a CIG levamos anos solicitándolle á Administración a aplicación dunha Orde Ministerial do ano 1990 na que se ditan normas para a provisión de determinados postos da AXE en relación co coñecemento das linguas oficiais propias das Comunidades Autónomas. Nesta, especificase que a acreditación do coñecemento destas linguas oficiais, valorárase como un mérito especifico naqueles postos que teñan algún tipo de relación co público ou incluso pode supoñer un mérito relevante para os postos de atención directa á cidadanía, para isto é preciso que os Departamentos Ministeriais, a iniciativa das Delegacións do Goberno, identifiquen cunha clave (LCA) os postos nos que resulte preceptivo o coñecemento do galego para a súa posterior valoración nos sistemas de provisión.

Ver NOTA INFORMATIVA completa