Logo de meses sen unha reunión da Mesa delegada do Ministerio de Política Territorial, convócannos a esta reunión nun marco ilegal que pretende dar capacidade negociadora e de acordo a unha sección –Servizos Territoriais– da Mesa delegada –única con esas competencias–; e a Administración atropela datos e cifras sen aportar documentación nin antes, nin despois. Valorando o cambio a ben en moitas cuestións deste Ministerio nestes últimos anos, criticamos esta improvisación informativa, sistema que vén sendo habitual desde a Dirección da Periferia, o que supón unha gran dificultade á hora de chegar a acordos, xa que todo é no último momento. Todas as cuestións son de prioritario interese porque levamos un ano sen reunirnos, e como ademais non nos dan documentación previa á reunión este feito limita e dificulta o entendemento. Máis información aquí.