Comezamos no 2019 a acción sindical continua para lograr o recoñecemento das funcións de atención directa á cidadanía negadas ao noso persoal como paso necesario para recibir o mesmo trato retributivo que boa parte do persoal da AXE ten recoñecido hai anos. Pese ao apoio conseguido da Dirección Xeral, e tras un árduo traballo de documentación e fundamentación, Función Pública frustrou a nosa xusta reivindicación. Recentemente vimos de nos dirixir a instancias varias e agardamos ver en qué liña respostan.
No caso de que non se produzan avances no tema proximamente, haberemos de concluír que fracasou a reivindicación colectiva, e farase necesario pasar a un nivel superior na expresión pública do malestar do persoal, para o que invocaremos unha acción directa máis contundente.
Grazas a todo o persoal da DXMM en Galicia pola colaboración prestada, e polos azos que nos achegastes para continuar na reivindicación dun recoñecemento que é de xustiza. Non descansamos. A loita continúa.