A CIG non asina a modificación da produtividade da DXP. Tras ter consultado a proposta de documento e cantidades (ridículas) ofertadas pola administración coa afiliación, acordamos non darlle o parabén. A oferta é insuficiente tras 17 anos sen actualizar cantidades, e as condicións e criterios que contempla tampouco son as acaídas ao xuízo da sección sindical. Na nota ampliamos información. A CIG non comparte tampouco a opacidade e falta de transparencia neste proceso mal chamado "negociación" no que o persoal afectado non tivo oportunidade de opinar sobre os termos do acordo.