Convenio único

Novo web da CIG-Estado

A CIG-Estado traslada o seu web ao novo sitio de CIG-Administración Pública. Mantemos o actual web como histórico para o que necesites consultar. Estamos en:

 

https://www.cigadmon.gal/estatal

 

 SUBCOMISIÓN PARITARIA DEFENSA xuño 2020 

Vén de celebrarse a Subcomisión paritaria de xuño do Ministerio de Defensa. Desde a CIG reclamamos rematar dunha vez por todas co oscurantismo e arbitrariedade do reparto da MUA anual.


Durante a reunión víronse aplicacións de adscricións temporais conforme ao III Convenio, e aprobáronse todas as prórrogas, coa desconformidade da CIG, xa que entendemos a segunda prorroga como unha nova adscrición temporal. Aprobouse unha permuta solicitada ao cumprir todos os requisitos co voto favorable de todas as partes. Así mesmo aprobáronse 4 mobilidades por motivo de saúde.

A Administración presentou dous artigos 46, modificación substancial das condicións de traballo, e aprobáronse ambas as dúas cos informes favorables dos comités de empresa e tamén dos propios traballadores/as.

Infórmase dun artigo 51, desprazamento temporal, que cumpre todos os requisitos, de dous traballadores que pasan a facer o cruceiro do Juan Sebastián o Cano.

A Administración fainos entrega das modificacións da rpt, debidas a sentencias por cesión ilegal de traballadores.

Infórmase de que non hai novas instrucións sobre encadramento pero que teremos un mes dende que se aprobe o inicial para ver os posibles erros ou pequenas modificacións.

Dannos conta dos escritos dirixidos á Subcomisión de: complementos, encadramento, ESPEMI (por falta de persoal), Arsenal de Ferrol, Mobilidade., todos estes escritos veranse no seu momento nos distintos grupos de traballo.

Achégase información sobre os procesos do persoal laboral da oferta de 2017 e da instrución de roupa de traballo e EPIS na Armada, que sairá en breve, está á espera da sinatura

Desde a CIG reclamamos información sobre MUA (Mellora unilateral da Administración) e negociación da mesma. A Administración ten solicitada unha MUA de tres millóns de euros para o persoal laboral que, supón o dobre de cartos de anos anteriores. Ante as negativas da Administración insistimos na necesidade e obriga de negociar este concepto retributivo. Desde a CIG reclamamos rematar coa habitual arbitrariedade da Administración á hora de repartir esta partida económica entre o persoal, insistindo na necesidade dun reparto obxectivo e transparente, que remate coa discriminación da súa  aplicación, discriminación que este ano será maior de seren concedidos eses tres millóns de euros a máis.

A CIG solicitou o número de persoas que participaron na operación BALMIS, a Administración non quixo dar os datos. Que é o que teñen que agochar?

Solicitamos, tamén, datos de traballo presencial e non presencial pois cremos que os datos que dan non son acordes á realidade.


Seguiremos a informar.
Responsábel Subcomisión Paritaria Defensa                                                                                CIG Admón Estado