Celebrado un novo pleno da Comisión Paritaria, desde CIG esiximos a posta en funcionamento dos Grupos de Traballo de Xubilación parcial, de Retribucións complementarias, e o de Troco de réxime xurídico que habilitará a posibilidade de funcionarizarse a algún colectivo, cuestións de moito interese para o conxunto do persoal acollido a convenio así como información do estado dos Grupos de Traballo de Encadramento, traslados e estabilización do persoal laboral.
Opuxémonos á amortización de postos que pretende a Administración e denunciamos diferentes cuestións que teñen que ver tanto co incumprimento do propio regulamento de funcionamento -negándonos o dereito a incluír puntos na orde do día-, como a vulneración sistemática do articulado do convenio por parte dalgún ministerio, todo coa connivencia e coñecemento tanto da administración como dos sindicatos estatais.
Para saber polo miúdo do acontecido na reunión preme aquí.
Novo pleno da comisión paritaria
- Detalles